Vistas de página en total

martes, 24 de enero de 2012

Comida de Nadal: Rosco de Reis

A semana pasada fixemos balance do traballo de campo recollido nas vacacións de Nadal e que tiña que ter referencia ás comidas que se celebran nestas datas sinaladas: año e besugo ao forno, mazapán, nécoras cocidas con crema, vieiras bacallau con coliflor e turróns foron as receitas presentadas.
De todas elas a que máis gustou foi o Rosco de Reis, unha receita que trouxo Lourdes Denís por boca de dona Josefa Trillo de "Cas Benita", de Boaño, Traba de Laxe

Rosco de Reis
 
ingredientes
.6 ovos
.5 culleradas de azucre
.500g de fariña
.300g de manteiga
.20g de levadura de panadeiro
.1 cullerada de sal
.medio vaso de leite
.medio vaso de ron
.400g de froitas confitadas variadas
.azucre glas
.1 faba seca
 
Preparación:
 
Pon a cuarta parte da fariña en forma de volcán. Disolve a lavadura no leite templado  e bótao no centro da fariña; trabállao ata facer unha masa e déixaa en repouso durante 15min. Coloca a metade da fariña da mesma forma, pon tres culleradas de azucre, outras tres de auga tibia e a sal; amásaa e xúntaa co resto de fariña e máis cinco ovos. Traballa a masa 15 min deixando entrar o aire. Divídea en catro anacos e reparte a manteiga abrandada sobre cada un. Reúne a masa e mestura ben. A esta masa xúntalle a que ten lavadura. Dálle forma de bola, tápaa cun pano de mesa e déixaa elevarse 2 horas. Trabállaa e déixaa repousar outras 2 horas. Xunta as froitas co ron quente, dúas culleradas de azucre e outras dúas de auga. Da forma ao rosco nunha bandexa, esconde a faba e decora con froitas. píntaa coa xema restante, espolvorea o azucre e deixa repousar 1 hora. Méteo no forno 30min.

lunes, 16 de enero de 2012

Gastronomía da nosa bisbarra

Neste primeiro trimestre o noso traballo de campo consistiu nunha recompilación- investigación sobre a gastronomía tradicional da nosa bisbarra.
Cada semana cada un de nós presentou na aula unha receita típica (peixes, carnes, guisos, arroces, sobremesas…) despois de entrevistar ás avoas (porque os avós pouco cociñan…) e despois eliximos as que nos pareceron máis interesantes.
Estamos coñecendo o que comían os nosos antergos, que materiais utilizaban e en que época do ano o facían. Realizamos este traballo de campo para coñecer mellor a gastronomía da nosa zona, para comparar o que se comía antes e o que se come agora e para saber apreciar as verdadeiras cousas importantes da nosa vida. E pensamos que a comida é unha delas.
Pronto subiremos algunha receita a este noso blog.