Vistas de página en total

lunes, 27 de febrero de 2012

Buñuelos de Cuaresma

BUÑUELOS DE CUARESMA

Receita doada pola miña avoa paterna Pilar Mariño García
que vive en Carballo.

INGREDIENTES 
125 gramos de fariña
1/4 de litro de leite
80 gramos de manteiga
4 ovos
A cascara dun limón
Un pouco de sal
Azucre en po
Aceite de oliva

PREPARACIÓN
Colocar ao lume unha cazola coa leite engadíndolle o sal e a cascara de limón. Cando comece a ferver, retirase do lume e quitamos a cascara do limón. Deixamos pasar uns minutos e engadimos a manteiga, mentres que removemos ben a mestura.
Cando a manteiga estea fundida, volvemos a poñer todo no lume e sen deixar de ferver agregamos a fariña pouco a pouco. Removese todo moi ben e retirase do lume. Continuamos mesturando todo ata conseguir unha masa espesa.
Logo agregamos os ovos un a un, non debemos engadir o seguinte ata que o anterior este ben mesturado. Hai que mesturalos con enerxía.
Colocamos abundante aceite nunha tixola e poñémola a quentar. Cunha culleriña, botamos cachiños da masa que prepararamos anteriormente. Cando están dourados vanse poñendo sobre un prato con papel absorbente (para que solten o aceite sobrante). Por ultimo pasámolos a un prato ou unha fonte e espolvoreamoslles azucre en po.
Pilar Varela

viernes, 24 de febrero de 2012

Que comer pola Cuaresma?...

Rematou o antroido e esta semana o traballo de campo consistíu en buscar pratos típicos da Cuaresma que aínda seguen gardando algunhas xentes da nosa bisbarra. O resultado foron pratos moi interesantes coma mexilóns encebolados, arroz con verduras ou chipiróns, caldeirada de merluza, buñuelos de cuaresma, etc. Pero o que máis nos gustou foi a receita de Potaxe de Vixilia que trouxo Lourdes Denis. Que aproveite!

Potaxe de vixilia
Receita de: Obdulia Rojo
Idade: 71 anos
Apodo da casa: Casa da Bruna de O Chamberín, Baio, Zas 



Ingredientes
.200 g de garavanzos
.500 g de patacas
.1 cebola
.2 dentes de allo
. 4 culleradas de arroz
.100g de bacallau
.1 vaso de aceite
 a cullerada de pementón
.acelgas, espinacas ou grelos
.auga
.sal
 
Modo de preparación:
Nunha pota grande ponse bastante auga, cos garavanzos (que se teñen a remollo dende o día antes). Cando estean medios cocidos xúntanselle as patacas peladas e moi picadas, o arroz, a verdura despois de lavala e troceala moi menudiña e o bacallau (previamente desalago e en pedazos pequenos).
Nunha tixola ponse o aceite e deixase dourar a cebola e os allos, retírase cando a cebola estea brandiña e pónselle o pementón. Ponse o rustrido sobre o potaxe e déixase que siga cocendo ata que as patacas estean case feitas.
Lourdes Denis

miércoles, 15 de febrero de 2012

Cocido e sobremesa de antroido

Nestas datas tan sinaladas estivemos recollendo receitas propias do antroido. sobre o cocido vimos que hai moitas e moi diferentes: con grelos, nabizas ou repolo, con fabas ou garavanzos, con bolo de pote... A que máis gustou foi a recollida por Lourdes Denis en Baio. Que aproveite e cuidadiño co colesterol.

Cocido

Nome: Lourdes Vilariño Gomez
Idade: 63 anos
Lugar: Campo do Rollo, Baio
Apodo da casa: Casa de Reyes

Ingredientes
. 1 taza de fabas
. 1/2 Kg de grelos ou repolo
. 1/2 Kg de patacas
.  2 puntas de oso do xamón do porco
.  orellas, morro, rabo…. Toda a carne que se queira do porco
. osos de caña
. 200 gr de panceta
. 200 gr de touciño fresco e unto
. chorizo o gusto
. sal

Modo de preparación
O día antes de facer o caldo hai que poñer as fabas a remollo.
Cando prepares o cocido, pon nunha pota grande tres litros de auga, añade as fabas, os osos, o touciño, a panceta e o unto e todo o resto de carne que se lle queira poñer. Deixa que ferva ata que as fagas estean rosadas. Pon as patacas en cachos, o chourizo e os grelos ou o repolo previamente lavados. Pon o sal e deixa todo no lume sobre 20 min. Sácase o unto para tiralo e dáselle unha volta a todo porque o que estaba arredor do unto terá un sabor máis amargo se non se lle da unha voltiña Saca todo e pono nunha fonte, pode levar un pouco de auga. Se sobra algo da fonte, volve a poñelo todo na auga do cocido e tápaa e déixaa arrefriar, así que arrefríe non o remexas nin o movas porque se estropea, ademais e mellor que se poña na neveira que aguanta moito máis. 
Lourdes Denís, 1º B
Coas sobremesas propias do antroido pasou coma co cocido: hai moitas e moi diferentes. filloas con crema ou chiculate, orellas, chulas,etc. Pero a que máis gustou por orixinal foi a recollida por Andrea Cedrón.


"Flores de carnaval"
A receita das flores de carnaval foi doada por Carmen Romero de 63 anos de idade.
 Vive en Baio na casa do Acuario
Ingredientes:

  • 6 ovos
  • ½ litro de auga fervida con anís ou raiadura de limón
  • Fariña
  • ¼ de leite (opcional)
  • azucre
Elaboración:

Bátase todo ata conseguir unha mestura lixeira. Poñer abundante aceite de xirasol nunha tixola fonda e meter o molde con forma de flor ata que esté ben quente. Sacar o molde e introducilo na mestura por debaixo do borde (para que despois se solte o florón máis facilmente). Despois, volvemos a meter o molde na tixola ata que se solte o florón. Cando estean dourados sacalos, ecurrilos e espolvorealos con azucre.

Andrea Cedrón, 1º B

sábado, 11 de febrero de 2012

Licor de Laranxa

Con este frío que fai esta semana nos propuxemos investigar sobre se na nosa volta se facían licores caseiros.  Aínda que non é moi habitual apareceron licores de moras, de café, de guindas e algún máis. A receita que máis gustou apareceu nunha casa de Laxe, manuscrita, e é unha receita de máis de cen anos que pasou de xeración en xeración. Como estaba en castelán decidimos deixala así, transcribímola textualmente. E a beber con moderación!
  
Licor de Laranxa

Autora: Josefa Rodríguez Fernández
Casa: Amelia de Iglesias (Laxe)


Ingredientes:
-60 g de laranxas
-1 L de caña
-400 g de azúcar
-400 ml de auga

Preparación:

“Déjense macerar al sol por espacio de quince días en una botella bien tapada 60 gramos de mondas secas de naranja con un litro de caña o alcohol, teniendo cuidado de agitar la botella todos los días.
Pasados los quince días, póngase al fuego y disuélvanse 400g de azúcar en igual cantidad de agua, dejándola que se haga caramelo y después, se le echará en el alcohol o caña saturado de esencia de mondas de naranja.
Se filtra y se pasa a botellas bien tapaditas y a tomar copitas que saben muy ricas"
María Sacedón Cundíns

jueves, 2 de febrero de 2012

Unha sobremesa: noces de chocolate

Esta semana o noso traballo de campo rebuscou sobremesas. A receita que máis gustou foi a de Roi Fachal. 
Bo proveito!

NOCES DE CHOCOLATE
  
INGREDIENTES 
-medio quilo de noces
-unha tableta de chocolate para sobremesas
-leite
 
PREPARACIÓN
 
-Sacar a cáscara das noces, procurando que queden o máis enteiras posibles. Derrétese o chocolate con un pouco de leite, poñendo un lume moi suave.
Cando estea derretido e coa axuda dunha pinza ou garfo imos cubrindo as noces para cubrilas co chocolate.
Colocámolas nunha bandexa e metémolas no frigorífico para que endurezan.
 
 
Receita doada por Eulalia Gil Lema, de 75 anos de idade, do concello de Laxe, da casa da Gila.
Roi Fachal