Vistas de página en total

viernes, 24 de febrero de 2012

Que comer pola Cuaresma?...

Rematou o antroido e esta semana o traballo de campo consistíu en buscar pratos típicos da Cuaresma que aínda seguen gardando algunhas xentes da nosa bisbarra. O resultado foron pratos moi interesantes coma mexilóns encebolados, arroz con verduras ou chipiróns, caldeirada de merluza, buñuelos de cuaresma, etc. Pero o que máis nos gustou foi a receita de Potaxe de Vixilia que trouxo Lourdes Denis. Que aproveite!

Potaxe de vixilia
Receita de: Obdulia Rojo
Idade: 71 anos
Apodo da casa: Casa da Bruna de O Chamberín, Baio, Zas 



Ingredientes
.200 g de garavanzos
.500 g de patacas
.1 cebola
.2 dentes de allo
. 4 culleradas de arroz
.100g de bacallau
.1 vaso de aceite
 a cullerada de pementón
.acelgas, espinacas ou grelos
.auga
.sal
 
Modo de preparación:
Nunha pota grande ponse bastante auga, cos garavanzos (que se teñen a remollo dende o día antes). Cando estean medios cocidos xúntanselle as patacas peladas e moi picadas, o arroz, a verdura despois de lavala e troceala moi menudiña e o bacallau (previamente desalago e en pedazos pequenos).
Nunha tixola ponse o aceite e deixase dourar a cebola e os allos, retírase cando a cebola estea brandiña e pónselle o pementón. Ponse o rustrido sobre o potaxe e déixase que siga cocendo ata que as patacas estean case feitas.
Lourdes Denis

No hay comentarios:

Publicar un comentario