Vistas de página en total

miércoles, 15 de febrero de 2012

Cocido e sobremesa de antroido

Nestas datas tan sinaladas estivemos recollendo receitas propias do antroido. sobre o cocido vimos que hai moitas e moi diferentes: con grelos, nabizas ou repolo, con fabas ou garavanzos, con bolo de pote... A que máis gustou foi a recollida por Lourdes Denis en Baio. Que aproveite e cuidadiño co colesterol.

Cocido

Nome: Lourdes Vilariño Gomez
Idade: 63 anos
Lugar: Campo do Rollo, Baio
Apodo da casa: Casa de Reyes

Ingredientes
. 1 taza de fabas
. 1/2 Kg de grelos ou repolo
. 1/2 Kg de patacas
.  2 puntas de oso do xamón do porco
.  orellas, morro, rabo…. Toda a carne que se queira do porco
. osos de caña
. 200 gr de panceta
. 200 gr de touciño fresco e unto
. chorizo o gusto
. sal

Modo de preparación
O día antes de facer o caldo hai que poñer as fabas a remollo.
Cando prepares o cocido, pon nunha pota grande tres litros de auga, añade as fabas, os osos, o touciño, a panceta e o unto e todo o resto de carne que se lle queira poñer. Deixa que ferva ata que as fagas estean rosadas. Pon as patacas en cachos, o chourizo e os grelos ou o repolo previamente lavados. Pon o sal e deixa todo no lume sobre 20 min. Sácase o unto para tiralo e dáselle unha volta a todo porque o que estaba arredor do unto terá un sabor máis amargo se non se lle da unha voltiña Saca todo e pono nunha fonte, pode levar un pouco de auga. Se sobra algo da fonte, volve a poñelo todo na auga do cocido e tápaa e déixaa arrefriar, así que arrefríe non o remexas nin o movas porque se estropea, ademais e mellor que se poña na neveira que aguanta moito máis. 
Lourdes Denís, 1º B
Coas sobremesas propias do antroido pasou coma co cocido: hai moitas e moi diferentes. filloas con crema ou chiculate, orellas, chulas,etc. Pero a que máis gustou por orixinal foi a recollida por Andrea Cedrón.


"Flores de carnaval"
A receita das flores de carnaval foi doada por Carmen Romero de 63 anos de idade.
 Vive en Baio na casa do Acuario
Ingredientes:

  • 6 ovos
  • ½ litro de auga fervida con anís ou raiadura de limón
  • Fariña
  • ¼ de leite (opcional)
  • azucre
Elaboración:

Bátase todo ata conseguir unha mestura lixeira. Poñer abundante aceite de xirasol nunha tixola fonda e meter o molde con forma de flor ata que esté ben quente. Sacar o molde e introducilo na mestura por debaixo do borde (para que despois se solte o florón máis facilmente). Despois, volvemos a meter o molde na tixola ata que se solte o florón. Cando estean dourados sacalos, ecurrilos e espolvorealos con azucre.

Andrea Cedrón, 1º B

No hay comentarios:

Publicar un comentario