Vistas de página en total

martes, 22 de noviembre de 2011

Exposición Orixes



A exposicion que visitamos en A Coruña trata sobre a orixe e o proceso de evolución do ser humano a nivel biolóxico e cultural, nun período de tempo que abarca dende fai 6/7 millóns de anos ata a actualidade.
Nesta mostra poden verse os diferentes cambios que experimentou a especie humana con réplicas dos diversos pasos evolutivos. Unha das cousas que mais nos chamou a atención, foi a gran diferencia de altura entre os machos e as femias, pois o tamaño dos modelos que alí había era a escala real.
Os cráneos que nos mostraron tamén nos sorprenderon polas súas diferencias ao comparalos. A existencia dunha expecie que so habitaba nunha illa (Homo Florensis, na Illa de Flores), impresionounos.
Outro tema interesante é que poidemos observar diferentes actividades que mostraban o desenvolvemento que tiñan especies como o Home de Neanderthal: aparecian escenas de curandeirismo, de caza, facendo lume, etc. E tamén vimos a postura na que os mortos eran enterrados (en posición fetal, xa que crían que ían a renacer noutra vida máis ala da morte)
A exposición remata cun espello no cal nos vemos reflexados, xa que somos a ultima especie na liña evolutiva: o Homo Sapiens Sapiens.



                                                                                     Lucas, Nazaret, Pilar e Roi

No hay comentarios:

Publicar un comentario