Vistas de página en total

martes, 22 de noviembre de 2011

O porco e o San Martiño




Celébrase o 11 de Novembro, esta fecha coincide coa matanza do porco.
O significado da matanza no campo galego non só supoñía o sustento das familias galegas, tamén servía para medir o seu prestixio social. Este acto servía para xuntanza dos veciño para axudarse e regalábase carne as persoas máis importantes da vila (mestre, cura, médico...).
A matanza consistía en tres fases: o engorde,o degolado e o curado do animal.
Neste día cociñabanse os ris, facíase as filloas e a figadeira que consistía en frexir os fígados con cebola.
Os métodos de conservación que usaban na antiguedade eran basicamente o salgadoiro e a través de embutidos, que se curaban. A graxa utilizábase para facer galletas e xabón.
O porco era o principal animal de abasto de carne. Ademais disto tamén tiña usos medicinais:
  • O xamón empregábase como remedio contra a dor de oídos.
  • O unto fervido co viño para curar o catarro; feito en sopa para a gastrointerites; e mesturado con sal e loureiro para os herpes.
  • O fel quente para os furunchos, uñeiros e ghagas tórpidos.
  • Un dente do porco pendurado do pescozo servía para reducir as dores no parto.

Arredor deste animal hai diversas crenzas como que o porco adiviña o seu fin, a víspera da mata pasa a noite batendo na porta xa que segundo dicían o animal esa noite levántase sete veces para comer ao dono.
Na cultura galega existen diversos refráns arredor do porco:
“Por San Martiño mata a vella o porquiño”
“Por San Andrés, toma o porco polos pés; se non o podes tomar deixao para Navidade”
“Pola cocepción mata o teu cebón”
“Por San Martiño mata o pobre o seu cochiño; e por San Andrés, os ricos tres”
“Ben boa vida pasa o porco, e mais dorme no cortello”
“O que non mata o porquiño non ten lacón nin touciño”
“Alegría alegrote que anda o rabo do porco no pote”
“Polo San Tomé dalle ao porco polo pé”
“Un porco é unha botica”
“Es como un porco, aproveitaseche todo”

Outras festas relacionadas co porco:
  • Paleta de porco” en A Guarda o 15 de Xaneiro
  • Porco ao espeto” en a Merca o 9 de Setembro
  • Uña e San Lázaro” en Santiago o 9 de Abril
  • O porquiño a brasa” en Vilagarcía de Arousa o 6 de Novembro
  • Porco Celta” en Beariz o 18 de Marzo
  • Porco Celta” en Corcubión o 6 de Agosto

Andrea, Lourdes, María, Oliver e Tamara

No hay comentarios:

Publicar un comentario