Vistas de página en total

viernes, 28 de septiembre de 2012

Novo curso, novo alumnado



Principia un novo curso e tamén principiamos unha nova viaxe polos mares da antropoloxía, esta vez con once "argonautas" que a bon seguro o darán todo nestes mares fermosos da teoría antropolóxica e do traballo de campo. 
Dende este blog quero facer unha agarimosa lembranza a Nazaret, María, Pilar, Andrea, Tamara, Lourdes, Oli, Roi, e Lucas, a primeira tripulación coa que nos embarcamos o curso pasado e na que gozamos dunha fermosa e fructífera travesía.
 Grazas a eles fun convidado a presentar as miñas experiencias na didáctica da antropoloxía no curso "Recursos teóricos e prácticos para o ensino da antropoloxía no bacharelato: o patrimonio cultural" que se celebrará  no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela o vindeiro sábado 7 de outubro.
Falarei deste blog e do noso traballo de campo e compartirei reflexións con outras compañeiras e compañeiros que están a traballar tamén nestes mares virtuais.
Antonio Díaz Amor,
 profesor de Antropoloxía
 no IES Maximino Romero de Lema de Baio-Zas

No hay comentarios:

Publicar un comentario