Vistas de página en total

jueves, 5 de abril de 2012

Unha boa idea para venres de Cuaresma: polbo con gambas

Polbo con gambas

Andrea Cedrón, 1º B
Ingredientes:

- 1 polbo de 2 kg
- Sal gorda
- Aceite de oliva
- Auga
- 200g de gambas peladas
- 5 dentes de allo
- 1 guindilla
- Pementa negra

Elaboración:

Nunha pota (a máis grande que teñamos) poñemos auga a ferver cunha cebola pelada e enteira.
Cando a auga ferva engadimos o polbo. Collémolo pola cabeza e ''asustámolo'', esta técnica consiste en sacar e meter o polbo na pota 3 ou 4 veces para que a pel non caia durante a cocción.
Cocemos o polbo durante 40 minutos. Cando estea listo deixámolo repousar 15 minutos.
Para cociñar as gambas, poñemos a fogo nunha cazola o allo, aceite e a guindilla.
Cando o allo se empece a dourar engadimos as gambas e a continuación o polbo cortado.
Por último, engadimos a sal gorda, aceite, pirixel e pementón. Cando as gambas estean feitas retiramos e xa estará listo para comer.

Receita doada por Clarisa Dominguez de Carreira,
Casa do Bartolo

No hay comentarios:

Publicar un comentario