Vistas de página en total

martes, 6 de marzo de 2012

Receita centenaria

As últimas receitas que recollimos son as mais antigas que lembran as nosas avoas ( e dicimos ben: en feminino; porque unha das conclusións deste traballo de campo é que aos homes da casa isto de estar entre os pucheiros…). De entre todas elas destacamos o “membrillo caseiro” e moitas receitas con fariña de millo (bolos do lar, caldo de bolos, bolos do pote e papas de millo, porque na nosa bisbarra foron moi frecuentes as leiras de millo e delo dan boa conta os moitos hórreos e cabazos que temos por aquí). Todas elas son receitas centenarias da que os deixamos aquí a de Broa que recolleu Nazaret Figueiras.
Ao noso profe tamén lle gustou moito a de “mouffins á inglesa” recollida por Pilar Varela que subiremos en vindeiros días. Unha receita moi antiga dunha avoa emigrante en Inglaterra que trouxo o seu saber culinario para a nosa bisbarra.


BROA
Receita doada por: Adelina Esmorís,
de Baio “Casa Allo”

Ingredientes:
Fariña de millo
Auga
Sal

Elaboración:
O día anterior deixase fermentar unha pouca fariña de millo da que se vai a utilizar. Pasado o día, a fariña restante xuntase co fermento do día anterior e amasase con sal e auga ata que quede unha masa ben consistente. Logo, deixase levedar dúas ou tres horas. Antigamente, mentres se deixaba levedar varríase ben o forno e íase quentando con leña de toxo. Unha vez transcorrido o tempo, colocábase a masa con forma redonda e deixábase facer durante unha hora e media/ dúas e sacabas nun molde.
Antigamente, a broa na casa da miña avoa facíase unha vez a semana, que soía ser o sábado ou o domingo para o resto da semana. Miña avoa recorda que a broa é a receita máis antiga que coñece, xa que dende que vive a recorda como prato común na súa casa.
Nazaret Figueiras Martínez 1ºBac A

No hay comentarios:

Publicar un comentario