Vistas de página en total

jueves, 15 de marzo de 2012

Receita para tempos de crise

Esta semana nos propuxemos buscar receitas axeitadas ao noso tempo,é dicir: tempos de crise. O resultado: sopas de allo, ovos recheos, arroz con leite, lentellas, migas de fariña, ensalada de grelos,... Pois a que máis gustou foi a atopada por Lourdes Denís de 1º bach A.
Chícharos con xamón
Nome: Elsira Reyes Rial
idade: 67 anos
lugar: O Campo do Rollo-Baio
 
ingredientes
. chícharos
. xamón en tacos (York)
. auga
. aceite
. sal
 

Modo de preparación
 

Pon os chícharos en auga con unha pinga de sal a cocer. Mentres, os tacos de xamón ponos nunha tixola con unha pinguiña de aceite. Cando os chícharos estean cocidos, escórreos e xunta os tacos de xamón e os chícharos e xa está listo para comer.


Este prato e moi barato xa que os chícharos se non os plantas na casa hai bolsas de chícharos conxelados a moi baixo prezo no supermercado. 
Para conseguir os tacos de xamón York, nas charcuterías sempre quedan as puntas do final da barra do xamón as cales cortan en tacos e venden a moi baixos prezos.

Lourdes Denis Reyes

No hay comentarios:

Publicar un comentario