Vistas de página en total

jueves, 1 de marzo de 2012

Unha proposta sinxela para a Cuaresma :mexillóns encebolados

Mexillóns encebolados

Ingredientes:

-cebola
-patacas
-mexillóns
Receita doada por Matilde Fraguela López 
da Casa López de Laxe. 

Preparación

Cócense os mexillóns, e unha vez listos escúnchanse e quítanselle as barbas.
Nunha tixola poñemos cebola picada miúda e deixamos que se poche e logo engadímoslle os mexillóns.
Facemos tamén unhas patacas fritas para acompañar aos mexillóns.

Esta receita era típica de xoves de pascua porque aproveitando as mareas íase aos mexillóns e cociñábanse ao chegar a casa.

María Sacedón Cundíns

No hay comentarios:

Publicar un comentario